Podo aprender, podo traballar

Este ano, co lema Podo aprender, podo traballar, no día internacional de concienciación sobre o autismo, poñemos énfase nas capacidades das persoas con TEA. Máis información e materiais para compartir en redes sociais: https://diamundialautismo.com/puedo-aprender-puedo-trabajar/

25 aniversario de Autismo Galicia

A federación de asociacións Autismo Galicia cumple este ano 25 anos. Levamos dende o ano 1995 contribuindo a defender e reivindicar socialmente os dereitos das persoas con trastornos do espectro do autismo e as suas familias, promovendo a igualdade de oportunidades e a colaboración entre entidades prestadoras de servicios específicos … Continuar lendo →

Asamblea Xeral Ordinaria

A presidenta da asociación convoca unha Asamblea Xeral Extraordinaria para o sábado 23 de novembro ás 18:00 h en primeira convocatoria e ás 18:30 en segunda convocatoria, nos locais da asociación situados na rúa Párroco Rodríguez Vázquez número 5, en Tui, coa seguinte ORDE DO DÍA: Evaluación dos proxectos en … Continuar lendo →