Faite voluntario para o noso Campamento de Verán

Achégase o verán, e con el, unha nova edición do noso campamento de verán Un Máis. Como xa sabedes trátase dun campamento urbán aberto a participantes autistas e non autistas e ten coma obxectivo ofrecer a tódalas familias interesadas unha alternativa de ocio adaptado e de calidade.

Este ano eliximos como tema o Xacobeo 21 e, a través das diferentes actividades que temos preparadas, internarémonos no fascinante e máxico mundo do Camiño de Santiago. Un percorrido cultural, lúdico e espiritual que forma parte do noso entorno xeográfico e social.

Para desenrolar o programa que diseñamos precisamos voluntarios/as, persoas interesadas en participar nunha experiencia única de coñecemento mútuo e que queiran pasar un verán diferente disfrutando e traballando con nós.

Se cres que ti eres esa persoa, gústache o voluntariado e queres aportar o teu granciño de area na construcción dunha sociedade máis xusta e inclusiva, non dubides en porte en contacto a través das nosas redes sociais, email ou teléfono.

Contamos contigo!

Os comentarios están pechados.