Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán de Un Máis

En Un Máis gústanos imaxinar cousas boas para ti, e este ano empeñámonos en que pases un verán inesquecible. Para iso diseñamos un campamento urbán que, baixo o tema Xacobeo 21, vaiche permitir disfrutar entre outras cousas da aventura, da música, das lendas, dos misterios e da gastronomía do Camiño de Santiago.

A través dun percorrido polo noso patrimonio cultural desenrolaremos múltiples actividades: sairemos a coñecer lugares emblemáticos da ruta xacobea, pasearemos por entornos naturais protexidos, elaboraremos receitas de cociña típicas do camiño e ademáis teremos días adicados á pintura, ós talleres musicais e ás manualidades. Ata entrevistaremos a peregrinos !

Imos poñer á túa disposición un completo equipo de profesionais e voluntarios que cuidarán de cada detalle e acompañarante en todo momento para que a experiencia sexa extraordinaria e ti só teñas que preocuparte de divertirte sen límite.

Todo isto e moito máis é o que temos preparado. Pero date presa, só temos dispoñibles 25 prazas. Recorda que, coma en outras edicións, este é un campamento inclusivo e está aberto a participantes autistas e non autistas. Queremos propiciar un entorno de coñecemento mutuo que estamos seguros de que será moi enriquecedor para todos.

Ponte en contacto con nós a través do noso teléfono, email ou RRSS e non deixes escapar esta oportunidade de cambiar un verán aburrido por un recordo imborrable.

Podes consultar todos os detalles no seguinte documento: detalles_campamento.pdf

O campamento desenvolverase de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Está destinado a persoas usuarias ata os 18 anos e persoas amigas de idades comprendidas entre os 4 e 12 anos. Nas tres primeiras semanas haberá unha actividade que ocupará mañá e tarde (de 9:00 a 17:00 horas). A comida correrá a cargo das familias.

OBXECTIVOS XERAIS DO CAMPAMENTO

• Facilitar ás familias unha alternativa ocupacional de calidade para as persoas TEA do noso entorno.
• Concienciar mediante o papel dos voluntarios e os seus pares (irmáns e amigos sen TEA) sobre o autismo, mostrándolles as destrezas deste colectivo e eliminando mitos.
• Normalizar o TEA na sociedade, para que deste xeito, as persoas TEA teñan unha melloracollida no seu entorno dentro do Baixo Miño e ao longo de todo o Camiño de Santiago.

DATAS DE REALIZACIÓN:

• Semana do 1 ao 5 de xullo
• Semana do 8 ao 12 de xullo
• Semana do 15 ao 19 de xullo
• Semana do 22 ao 26 de xullo

PREZOS:

• Prezos para socios de Un Máis: 40€ por semana, 150€ catro semanas.
• Prezos para non socios de Un Máis: 50€ por semana, 170€ catro semanas.

INSCRICIÓN:

Para inscribirse hai que descargar este formulario de inscrición, imprimilo, cubrilo e entregalo no centro Anarela (C/ Lugo 9 – 2º, 36700 Tui). De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas, antes do xoves 07/06/2019.

Os comentarios están pechados.