2 de Abril 2019: Manifesto

O día 2 de Abril, día mundial de concienciación sobre o autismo, a asociación Un Máis, coa colaboración dos concellos de Tui e Tomiño, organizou dous pequenos actos de lectura do manifesto conmemorativo.

En Tui, a lectura produciuse ás 18:00 h. na corredoira e estivo acompañada pola música ó piano de Clara Martínez, voluntaria de 1Máis. O acto finalizaou coa entrega de globos azúis e folletos informativos a tódalas persoas que quixeron unirse a nós.

Lectura do manifesto en Tomiño

Ás 20:00 h. na praza do Seixo de Tomiño, procedemos a ler de novo o manifesto e a ofrecer globos e información ós adultos e nenos que nos arrouparon coa sús presencia.

Ambas lecturas dan comenzo á semana de actos que dende 1Máis temos preparados para todos vós. Serán actividades nas que integraremos a información sobre o autismo nun marco lúdico e de celebración coa fin de achegar o mundo dos TEA a calquera persoa que queira saber un pouco máis.

Dende fai anos e gracias ó incansable traballo das familias, camiñamos cara a unha sociedade inclusiva na que todos termos un lugar con nome propio e que disfrutará do beneficio da diversidade. Animámosvos a percorrer con nós este apaixonante camiño e a ser partícipes da construcción dese modelo de comunidade que sen dúbida nos beneficia e fortalece a todos.


Os comentarios están pechados.