Últimos actos do día mundial do autismo

O pasado sábado 6 de abril, continuando co marco das actividades organizadas para clebrar o Día Mundial do Autismo, puidemos disfrutar dunha animada e divertida MasterClass de Zumba no Outlet de Tui que foi dirixida por Eliana González, socia de Un Máis.

Esa mesma tarde, no pabellón San Paio de Tui, unha multitudinaria asistencia puido entreterse cun expectáculo/exhibición a favor do autismo, no que de forma solidaria, diversas entidades colaboraron co seu talento e mestría para compañarnos e celebrar con nós. O ximnasio DiSom ofreceunos unha exhibición de Kung-Fu e outra de Hip-Hop, as alumnas da escola de danza Paula Cobián presentaron tres delicadas compocións de ballet, Rubén de Sá brindounos unha fermosa danza e o clube de patinaxe Ribex tamén nos ofreceu 3 actuacións sobre rodas. Queremos agradecerlles a todos eles o seu apoio, entusiamos e a maxia que desplegaron para cautivar ó público asistente.

Finalmente, o domingo 7 de abril, e como xa é tradicional, celebramos unha gran festa no colexio número 1 de Tui, na que grandes e pequenos puideron divertise, merendar e participar nos múltiples xogos que tiñamos preparados. Con ela demos por pechada a semana de actos e emprazamos ós nosos amigos, socios e simpatizantes para o 2 de abril do próximo ano.

Non queremos despedir estas xornadas sin agradecer novamente a todos aqueles que se implicaron e aportaron o seu gran de area para que esta semana conmemorativa fose posible:

  • Escola de danza Paula Cobián
  • Ximnasio Di-Som
  • Patinaxe Ribex
  • Colexio Nº1 de Tui
  • Concello de Tui
  • Concello de Tomiño
  • Radio municipal de Tui

E como non, gracias a tódalas persoas que nos acompañaron e disfrutaron con nós das actividades organizadas. Gracias a todos por contribuir á visibilización do TEA e por apoiarnos na nosa loita.

Os comentarios están pechados.