Nunha asociación pequena coma a nosa existen moitos momentos de traballlo duro que, cunha pouca sorte, florecen en forma de proxectos cumpridos, de pasos dados na dirección correcta.
Hoxe finaliza a terceira edición do noso campamento “Xacobeo para todos”, un proxecto no que cada ano poñemos toda a nosa ilusión e empeño en demostrar que un mundo inclusivo é posible. Neste campamento, durante 20 días, 13 nenos/as con diagnóstico TEA e 12 nenos/as sin ese diagnóstico compartiron xogos, risas e aprendizaxe a través dos diferentes entornos e actividades que diseñamos para eles, co obxectivo de que vivisen e disfrutasen do patrimonio inmaterial que representa o Xacobeo.
Pero nada disto tería sido posible sen a vosa axuda, persoas que formades parte do noso entorno máis próximo e que dotades de sentido o concepto de comunidade. É a cooperación de xente coma vós a que da forma á maxia que permite que unha idea bonita se materialice nun éxito incuestionable.
É por iso que temos a obriga e o pracer de darvos as gracias a todos/as:
- Ó gabinete Anarela, con incansables profesionais que están sempre ó noso lado ofrecéndonos o seu apoio, coñecementos e amizade.
- Ós casi vinte voluntarios/as que co seu magnífico traballo déronnos unha impagable lección de xenerosidade
- A Laura González, profesora da Escola e Conservatorio de Música de Tui e Emilia Alonso, profesora de contacto corporal. O voso cariño e entrega é un regalo que todos os nosos nenos levan para sempre.
- Ó Concello de Tui, sempre receptivo e amable coas nosas necesidades.
- A La Caixa. Sen o seu soporte económico todo tería sido moito máis complicado.
- Ó supermercado Froiz, que nos mimou cada día coas súas merendas de media mañá e a Frutas Berbe que nos encheu de vitaminas esas merendas.
- Ó Centro de Interpretación do Camiño.
- A Suso Vila, pola xenial visita guiada á catedral de Tui.
- Agradecemos e destacamos ó colexio Número 1 de Tui, que nos cede o seu espacio para que dispoñamos do entormo máis adaptado ós participantes, tan diversos en idades e perfís.
- E como non, gracias ás familias. Ás dos 13 nenos/as con diagnóstico TEA e 12 nenos/as sin el. Gracias por confiar en nós, por responder de forma tan positiva e axudarnos a demostrar que a inclusión é unha realidade da que podemos e debemos beneficiarnos todos.
Dende o fondo do noso corazón, GRACIAS A TODOS. Porque, como diciamos ó principio, Un Máis é unha asociación pequena, pero vós facédesnos grandes.