Asamblea Xeral Extraordinaria

A presidenta da asociación convoca unha Asamblea Xeral Extraordinaria para o domingo 8 de marzo ás 10:30 h en primeira convocatoria e ás 11:00 en segunda convocatoria, nos locais da asociación situados na rúa Párroco Rodríguez Vázquez número 5, en Tui, coa seguinte

ORDE DO DÍA:

  • Información sobre os cambios de xestión da asociación.
  • Solicitude de subvencións á administración e a entidades privadas.
  • Posta en marcha de novos proxectos:
    • Charla a cargo de Ana Vila Pereira e Clara de Macedo sobrea a necesidade de proxectos coma a atención sanitaria.
    • Accesibilidade no concello de Tui (Coles e edificios da administración) e no colexio A Salgueiriña en A Guarda.
  • Celebración/actos para conmemorar o día 2 de abril de 2020.
  • Rogos e Preguntas

Dada a importancia do tema a tratar, prégase a asistencia de tódolos socios.

Asi mesmo, solicítase a tódolos socios que propoñan actividades a realizar pola asociación ó longo de 2020 e que se ofrezan para integrar comisións ou equipos encargados de levar a cabo esas actividades. As propostas poden facerse na propia asamblea xeral ou ben enviarse ó correo da asociación asociacion.unmais@gmail.com antes do día da asamblea.

Os comentarios están pechados.