TEMPO LIBRE MÁIS -cambio de local e hora

O próximo día 22 de outubro ás 12:00 na Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade, Un Máis organízase a presentación dun novo proxecto da nosa asociación: “Tempo Libre Máis”. Co obxectivo de satisfacer as necesidades dos nosos fillos e das familias preténdese crear un grupo de lecer para os nenos e adolescentes con TEA de Val Miñor e Baixo Miño. Se desenvolverán actividades lúdicas e de integración, favorecendo un tempo de respiro tamén para as familias.

Un Máis invita ás familias de nenos con TEA a asistir a esta presentación, socias e non socias da nosa asociación. Rógase aos interesados que confirmen asistencia  polo teléfono 677 60 20 11 ou CORREO ELECTRÓNICO: asociacion.unmais@gmail.com.

Ubicación do encontro:

NA ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE VONTADE

DIRECCIÓN: LUGAR A ROCHA, 19, 36740 TOMIÑO

cartel

Os comentarios están pechados.