Xuntanza das familias de “Un Máis”

O día 26 de novembro, na Casa Cultural de Estás, decorreu unha xuntanza de familias da nosa asociación. Entre comes e bebes, as familias puideron convivir, coñecerse unhas ás outras e os nenos con e sen autismo brincaron durante a tarde. Puidemos falar con RITA JIMÉNEZ SANDE (psicóloga sanitaria e terapeuta familiar) e PIAR RAMOS PUIG (técnica en integración social e coordinadora de lecer e tempo libre), que nos presentaron de forma máis lúdica o proxecto “Tempo libre Máis”.

 

Os comentarios están pechados.