Hoxe inauguramos a sede que o Concello de Tui empresta ás asociacións B.A.T.A e Un Máis no casco vello de Tui. Hai case un ano demos os primeiros pasos para a fundación da nosa asociación. Neste último ano traballamos para poder dispor dun espazo para actividades cos nenos con T.E.A. e facer as sempre tediosas tarefas administrativas imprescindíbeis para o funcionamento dunha asociación. Pensamos que xa estamos en condicións de traballarmos máis e mellor en beneficio das persoas con T.E.A.: aumentar a súa visibilidade social e promover actividades para a súa integración e formación, especialmente no ámbito escolar, que é neste momento a nosa maior preocupación. Asóciate e participa!