Tes tempo libre? Gústanche os nenos? Apetéceche vivir e aprender cousas novas? Aceptas novos desafíos?
Non faifalta ter experiencia. Participa como voluntario de Un Máis.
Un Máis é unha asociación, sen fins lucrativos, dedicada a prestar apoio ás persoas con TEA e ás súas familias na área do Baixo Miño. Os seus obxectivos son:
- Promover a visibilidade social das persoas con TEA e das súas características e necesidades específicas.
- Formar persoas voluntarias capaces de dar apoio informal ás persoas con TEA e ás súas familias, e de difundir na sociedade mensaxes positivos, fundamentados e libres de prexuízos sobre os TEA.
- Inxerir na estrutura da asociación persoas voluntarias capaces de dar unha contribución decisiva nas tres áreas de actuación prioritaria deste plan de voluntariado: xogo inclusivo e integración cos iguais dos nenos con TEA, adaptación de espazos públicos e de materiais impresos ásnecesidades dos nenos con TEA e apoio ás familias de nenos con TEA na utilización de recursos tecnolóxicos.
Como é a colaboración voluntaria na asociación UnMáis?
O voluntario realiza a importante tarefa de servir de mediador entre a persoa con TEA e os recursos comunitarios, tornándose nunha persoa de referencia nas actividades en que a acompaña.
O voluntario terá unha formación inicial sobre o autismo e os recursos a utilizar coas persoas con TEA. Nas primeiras actividades cos nenos con TEA terá o apoio dun membro da familia ou dun terapeuta, de acordo co perfil do usuario da asociación. Asígnaselle un coordinador, que lles presta apoio e realiza o seguimento do seu labor. Este reúnese periódicamente cos voluntarios, xerando un espazo para compartir experiencias entre eles e comentar as dúbidas e dificultades que poden xurdir na prácticado voluntariado.
Unha vez concluído o seu labor, cada voluntario recibe un certificado que acredita participación no programa.
Non o dubides, si desexas vivir experiencias inesquecibles acompañando a persoas con autismo no seu desenvolvemento, participa:
- Podes participar como monitor de nenos e adolescentes con autismo.
- Podes participar en actividades deportivas, lúdicas, culturais e de integración na comunidade.
- Podes aportar ideas, experiencias e propostas.
Se estás interesado en facerte voluntario mándanos un correo a asociacion.unmais@gmail.com