Xa temos datas para tempo libre máis! Participen! Van ver como as vosas fillas e fillos o pasan moi ben!

O que pretendemos con este proxecto é realizar actividades de lecer nas fins de semana con nenos e adolescentes con Trastornos do Espectro Autista para crear un espazo de tempo libre cun doble obxectivo: que as familias, como coidadores principais poidan ter un respiro para relaxarse e dispór dese tempo que non teñen, e onde os nenos poidan desfrutar dun tempo de lecer con actividades estruturadas e adaptadas ás súas necesidades fomentando a inclusión en entornos naturais, o desenvolvemento de habilidades sociais, de autonomía e de interacción co ambiente e con outros compañeiros.

Para íso, durante o presente 2017, unha fin de semana ó mes levaremos a cabo saídas que poderán incluir unha tarde, unha fin de semana ou varios días de campamento, o que se especificará no calendario de actividades que adxuntamos a continuación.

Os participantes neste proxecto son nenos e adolescentes con Tea da comarca do Baixo Miño e do Val Miñor.

As actividades a realizar tratarán de aproveitar programacións culturais dos concellos ós que pertencen as familias, como contacontos, teatro, cine; utilizaremos espacios ó aire libre como parques, xardíns, onde se poderán realizar paseos e actividades de ocio, espacios públicos urbáns, Sede de la Asociación Un Máis, espacios naturais, praia, monte, etc

As persoas que levarán a cabo este proxecto son una Psicóloga e unha Técnica en Integración Social. Ademais contaremos con persoas voluntarias previamente formadas.

A continuación se especifica o calendario dos primeiros meses de actividades:

28 de Xaneiro 2017: actividades de tarde

25 de Febreiro 2017: actividades de tarde

25 de Marzo 2017: actividades de tarde

29 de Abril 2017: actividades de tarde

27-28 de Maio 2017: salida fin de semana

Unha semana antes de cada saída se lles enviará a programación das actividades.

As datas propostas poden estar suxeitas a algún cambio.
Rita Jiménez e Pilar Ramos (responsables do Proxecto)

tempo-libre-mais

Comparte!
RSS
Follow by Email
Facebook
Google+
http://unmais.es/?p=594
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*